Benvid@!!
É un pracer para min poder darche a benvida a
ESCOLA GALEGA
DE LONGBOARD
É un pracer por varios motivos: en primeiro lugar porque
significa que despois de moitos meses de xestación este proxecto-escola e a web
collen forma e ponse a disposición de todos vós para que poidades compartir as
vosas inquietudes, suxerencias e
resolver tódalas vosas dúbidas .
O segundo motivo é ter a sorte de que ti , ou a túa
curiosidade, teñades chegado ata aquí.
Moitas gracias por visitarnos.É unha honra para nós.
Quero que saibas:
ESCOLA
GALEGA DE LONGBOARD é un organismo público asociado ó clube
GALEGOS ASOCIADOS POLO LONGBOARD e inscritos ambos na
FEDERACIÓN GALEGA DE
SURF.
A idea da Escola Galega de Longboard nace tras detectar que
na nosa comunidade non existía
ningunha escola que específicamente
enfocara o seu aprendizaxe na modalidade
de longboard. Eu mesmo como novel competidor, vinme e véxome , na circunstancia
de que , por non existir unha escola de referencia onde poder aprender e
mellorar nesta disciplina, o aprendizaje por veces, faise lento e a proba-error
leva en moitas ocasións a adquirir malos hábitos súrficos, que se ben non nos
van impedir disfrutar das ondas, sí é posible que ralenticen a nosa progresión.
Chega un momento na evolución técnica na que é necesario correxir eses malos
costumes. Pero non se trata de aprender para competir, senon de disfrutar máis e mellor das
ondas. Se tes unha boa técnica, así como unha boa actitude da auga disfrutarás
moitismo máis deste deporte que para algún, co tempo, vaise convertindo nun modo
de vida.
Non se trata só de competir para ser o mellor, senón tamén
de vivir a competición entre amigos, de aprender dos demáis e da calidade da experiencia que aporta estar
con xente que comparte a túa mesma afición.
Ter un técnico títulado
ó teu carón que sirva de guía e motive a mellorar é unha boa maneira de
aprender nuns meses, o que pola túa conta podería levarte anos, descontando por
suposto o feito de que ó ser unha ensinanza guiada, ós erros poden ser
correxidos inmediatamente polo teu técnico e así non repetir xestos incorrectos
que co paso do tempo podense convertir en vicios e malas costumes á hora de
disfrutar das ondas.
Por outra banda o surf e o longboard medran en Galicia e cada ano convivimos amigablemente máis
escolas na auga.
Persoalmente creo que isto é
bo para o desenvolvemento do surf na nosa terra, porque ademáis somos
moitas as escolas que compartimos métodos, ensinanzas, e normativas de maneira
común reunidas todas baixo as directrices da FEDERACIÓN GALEGA DE SURF e moitos
os técnicos que nos preocupamos de continuar ano a ano formándonos nesta
disciplina: novos materiais, metodologías acordes ás idades e o nivel do
alumnado, conceptos pedagógicos que facilitan o aprendizaje, etc
( Aproveito
dende aquí para aconsellarte que como
alumno, esixas que a escola na que decidas aprender, esté inscrita na FGS como
forma de garantir que se cumple a normativa vixente)
Na Escola Galega de Longboard sabemos que estamos no
principio dunha longa onda que desexamos poder surfar contigo:
+ Se nunca fixeches surf, anímate a romper con todas esas
cadeas que te din que non e para ti e atrévete a probalo con nós, ensinarémoste
todo o que precisas para que comeces con “boa onda”.
+ Se xa levas tempo aprendendo a facer surf pero percibes que
non acabas de mellorar tan rápido como che gustaría , fala con nós e
analizaremos o teu surf e a túa técnica dandoche os apuntes necesarios para que
mellores.
+ Se fas surf pero non coñeces o longboard, anímate a probalo
con nós.Atrévete a descubrir o pracer a a diversión de manexar as táboas
longas.
+ Se xa fas longboard dende fai algún tempo e queres aprender
máis e mellorar a túa técnica ( facer un estiloso bottom turn, chegar a punta
cos pes e facer un hang five, hang ten, etc,) nón o dubides, a túa escola é a ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD.
Dende o corazón que late alén do mar enviándonos o seu latexo a través das ondas...
moitísimas gracias a todas e todos os que facedes que este deporte medre neste terra.
LONG(a)VIDA(ó)LONG!!
ALBERTO MOURIÑO
Director Técnico
ESCOLA GALEGA DE
LONGBOARD
No hay comentarios:
Publicar un comentario