¿ Que tal estades?
¿ Como foi o verán?
Esperamos que cheo de novas ondas e boas experiencias !
Por se hay algún despistado todavía , recordarvos que xa estamos en septembro e que as primeiras borrascas están chegando e repartindo as primeiras ondas da tempada.
Estade atentos.
Comeza o curso escolar colexios , institutos ... e tamén comezan as clases na ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD.
A intención é comenzar á dar as clases de fin de semana tódolos sábados do curso escolar a partir do 1 de Outubro.
Pero antes... Se non tes nada que facer esta fin de semana , o sábado 15 de septembro* , pola maña na praia de Bastiagueiro vou dar unha clase gratuita de Perfecionamento para longboarders.
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer a dinámica das clases, a pedagoxía aplicada ó alumno, así como resolver calquera dúbida que teñades ou que vaian xurdindo.
Esta é a idea.
Coñecervos, que me coñezades, explicarvos a filosofía da ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD e sobre todo que vexades se vos sentides agusto coa forma de dar as clases, coa metodoloxía empregada, co monitor, etc.
Se gusta... facemos grupo e comezamos en Outubro!!
Simplemente pedirvos unha cousa por cuestións de planificación:
Confirmademe a vosa asistencia antes das 14:00 do Venres 14 de Septembro.
Podedes enviar e-mail a : escolagalegadelongboard@gmail.com
Ou chamar/ mensaxe / Whatsapp no 636 292 252
* A hora das clases informarase por mensaxe privado
Agradécese difusión.
Alberto Mouriño
Director Tecnico
Escola Galega de Longboard
No hay comentarios:
Publicar un comentario