Entrenamos para ser mellores persoas, mellores surfistas, mellores alumnos e técnicos ...
¿Mellores que quén?
Mellores que nós mesmos e o mesmo tempo mellores que ninguén, porque na auga todos somos iguais e todos somos aprendices.
Entrenamos para mellorar porque nos gusta renovarnos, desfrutar á novidade, saír da cómoda rutina, aprender cousas novas e intentalo unha e outra vez ata conseguilo, unha e outra vez...
Entrenamos para mellorar porque nos gusta alegrarnos polas pequenas cousas que aprendemos e aplicamos día a día
Entrenamos para mellorar porque sempre podemos mellorar, aprender ou comezar.
Entrenamos para mellorar porque o progreso, o progresar en calquera disciplina de maneira consciente enriquece o proceso de aprendizaxe.
Entrenamos, aprendemos
Por razóns físicas: mellorar en saúde, mellorar en resistencia,forza, velocidade e flexibilidade, etc
Entrenamos, aprendemos
Por razóns psicolóxicas: facer aquelo que nos agrada, aceptarnos a nós mesmos coas nosas limitacións e as nosas virtudes, sentirnos ben con nós mesmos e coa nosa imaxen, aprender a manter o control, etc
Moitas máis razóns acompañan as anteriores na descripción dos motivos que nos levan a entrenar.
Intentaremos desgranalas lentamente neste blog.
Entrenamos, aprendemos
porque:
aínda que cheguemos a casa cansadiños e cheos de areas,
aínda que pasemos frío en inverno e as veces frío tamén en verán :)
aínda que sopre o vento máis do que quixeramos e a máquina de olas traballe menos ou máis do debido, aínda que fagamos quilómetros e gastemos/invirtamos os cartos,
aínda que suframos por tempadas o non poder prácticarlo,
aínda que non vaiamos a xogar no "top ten"
aínda que os anos sigan pasando
ante todo GUSTANOS APRENDER, MELLORAR E SURFEAR!!.
Alberto Mouriño
ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD
No hay comentarios:
Publicar un comentario