miércoles, 18 de julio de 2012

BENVID@!!


Benvid@!!


É un pracer para min poder darche a benvida a
 ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD

É un pracer por varios motivos: en primeiro lugar porque significa que despois de moitos meses de xestación este proxecto-escola  e a web collen forma e ponse a disposición de todos vós para que poidades compartir as vosas inquietudes, suxerencias e  resolver tódalas vosas dúbidas .
O segundo motivo é ter a sorte de que ti , ou a túa curiosidade, teñades chegado ata aquí.
 Moitas gracias por visitarnos.É unha honra para nós.

Quero que saibas:

 ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD é un organismo público asociado ó clube
GALEGOS ASOCIADOS POLO LONGBOARD e inscritos ambos na 
FEDERACIÓN GALEGA DE SURF.


A idea da Escola Galega de Longboard nace tras detectar que na nosa comunidade  non existía ningunha  escola que específicamente enfocara o seu aprendizaxe  na modalidade de longboard. Eu mesmo como novel competidor, vinme e véxome , na circunstancia de que , por non existir unha escola de referencia onde poder aprender e mellorar nesta disciplina, o aprendizaje por veces, faise lento e a proba-error leva en moitas ocasións a adquirir malos hábitos súrficos, que se ben non nos van impedir disfrutar das ondas, sí é posible que ralenticen a nosa progresión. Chega un momento na evolución técnica na que é necesario correxir eses malos costumes. Pero non se trata de aprender para competir, senon de disfrutar máis e mellor das ondas. Se tes unha boa técnica, así como unha boa actitude da auga disfrutarás moitismo máis deste deporte que para algún, co tempo, vaise convertindo nun modo de vida.
Non se trata só de competir para ser o mellor, senón tamén de vivir a competición entre amigos, de aprender dos demáis  e da calidade da experiencia que aporta estar con xente que comparte a túa mesma afición.
 Ter un técnico títulado ó teu carón que  sirva de guía e  motive a mellorar é unha boa maneira de aprender nuns meses, o que pola túa conta podería levarte anos, descontando por suposto o feito de que ó ser unha ensinanza guiada, ós erros poden ser correxidos inmediatamente polo teu técnico e así non repetir xestos incorrectos que co paso do tempo podense convertir en vicios e malas costumes á hora de disfrutar das ondas.

Por outra banda o surf e o longboard  medran en Galicia  e cada ano convivimos amigablemente máis escolas na auga.
Persoalmente creo que isto é  bo para o desenvolvemento do surf na nosa terra, porque ademáis somos moitas as escolas que compartimos métodos, ensinanzas, e normativas de maneira común reunidas todas baixo as directrices da FEDERACIÓN GALEGA DE SURF e moitos os técnicos que nos preocupamos de continuar ano a ano formándonos nesta disciplina: novos materiais, metodologías acordes ás idades e o nivel do alumnado, conceptos pedagógicos que facilitan o aprendizaje, etc
( Aproveito dende aquí  para aconsellarte que como alumno, esixas que a escola na que decidas aprender, esté inscrita na FGS como forma de garantir que se cumple a normativa vixente)

Na Escola Galega de Longboard sabemos que estamos no principio dunha longa onda que desexamos poder surfar contigo:

+ Se nunca fixeches surf, anímate a romper con todas esas cadeas que te din que non e para ti e atrévete a probalo con nós, ensinarémoste todo o que precisas para que comeces con “boa onda”.

+ Se xa levas tempo aprendendo a facer surf pero percibes que non acabas de mellorar tan rápido como che gustaría , fala con nós e analizaremos o teu surf e a túa técnica dandoche os apuntes necesarios para que mellores.

+ Se fas surf pero non coñeces o longboard, anímate a probalo con nós.Atrévete a descubrir o pracer a a diversión de manexar as táboas longas.

+ Se xa fas longboard dende fai algún tempo e queres aprender máis e mellorar a túa técnica ( facer un estiloso bottom turn, chegar a punta cos pes e facer un hang five, hang ten, etc,) nón o dubides, a túa escola é  a ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD.

Dende o corazón que late alén do mar enviándonos o seu latexo a través das ondas...
 moitísimas gracias a todas e todos os que facedes que este deporte medre neste terra.

LONG(a)VIDA(ó)LONG!!


ALBERTO MOURIÑO
Director Técnico
ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD