AS CLASES

" Fluír sobre as ondas é un pracer para os sentidos: o tacto, a vista, o gusto, o olfato e o oído envían ó cerebro centos de estímulos novos en cada onda. Correr as ondas é unha experiencia inolvidable."

Na Escola Galega de Longboard dispoñemos dos mellores materiais para facilitar un aprendizaxe de CALIDADE dende o primeiro día.

Poñemos toda a nosa EXPERIENCIA ó teu servicio para que a túa única preocupación sexa
DISFRUTAR.

Temos un método de ensinanza propio adaptado ás necesidades de cada alumno/a.
Planificamos e adaptamos ás clases en función das condicións marítimo-meteorolóxicas, a forma física do alumno/a, o seu nivel técnico e a idade

Na Escola Galega de Longboard aprenderás de maneira EFICAZ, SEGURA E RESPONSABLE todo o que precisas para disfrutar do mar e das ondas.

Cada clase ou sesión ten unha duración de 2 horas.

Realizamos exercicios de quentamento e estiramento, aprendemos nocións básicas e aspectos teóricos fundamentais sobre ondas, mareas, materiais e meteoroloxía, aprendemos a colocarnos sobre a taboa, a técnica de remada, a poñernos de pé, etc mollándonos dende o primeiro día!

Os nosos Técnicos e Monitores estarán contigo en todo momento para axudarte e asesorarte sobre a maneira máis fácil, segura e divertida de aprender resolvendo tódalas túas dúbidas.

Recorda que tódalas clases inclúen:

  • Tabla e traxe, se non dispoñes del.
  • Clases prácticas e teóricas.
  • Seguro de Responsabilidade Civil.
  • Grupos Reducidos 
  • Técnicos Titulados.


Se precisas máis información ou tes calquera dúbida, CONTÁCTANOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario