¿ PORQUE LONGBOARD?


 LONGBOARD:
 a mellor maneira de aprender a surfear


+  FÁCIL
+  SEGURO
+  DIVERTIDO



 +  FÁCIL


Surfear é  deslizarse sobre as ondas de pé sobre unha táboa.
Canto máis grande sexa a táboa coa que empeces máis fácil será aprender:

A maior volumen de táboa maior é a súa flotabilidadade, polo tanto maior a facilidade para remar as ondas e conseguir manterse de pé .

A maior anchura de táboa, maior é a súa estabilidade, axudandonos a remar e a manter o equilibrio sobre as ondas.

A maior lonxitude de táboa, maior é a súa velocidade, facilitándonos a remada e o deslizamento sobre as ondas.


+  SEGURO



Os longboards son as táboas máis axeitadas para empezar no surf.
Cando comenzamos a surfear , aínda que práctiquemos outros deportes, o noso corpo, os nosos músculos, teñen que pasar por un proceso de adaptación física ós movementos e rutinas propias do surf.

Por exemplo, cando comenzamos a surfear é moi común que o noso tren superior ( brazos, hombros, espalda..) non estén acostumados ós movementos propios da remada e os primeiros días teñamos maniotas nos brazos e hombros.

Un Longboard vai facilitar o aprendizaxe conseguindo que , ó ser máis fácil  remar e poñerse de pé,  aprendas todo o que precisas dunha maneira máis natural e ó coller máis ondas, vas ir collendo confianza contigo mesmo e co mar ata sentirte cómodo e seguro enriba dunha táboa.


+  DIVERTIDO

Como principiantes non buscamos ondas grandes e perigosas, senón ondas suaves, pequenas e divertidas que son o complemento perfecto para a práctica do longboard.

Son táboas perfectas para estas condicions de aprendizaxe porque teñen, como xa vimos, máxima flotabilidade e poder deslizarse en ondas pequenas.

Na Escola Galega de Longboard sabemos que o divertido do surf e coller ondas, así que canto máis fácil sexa, mellor o vas a pasar e máis grata a túa experiencia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario