martes, 11 de septiembre de 2012

COÑECENDONOS. CLASE GRATIS

Moi bos días longboarders!!

 ¿ Que tal estades?
 ¿ Como foi o verán?
 Esperamos que cheo de novas ondas e boas experiencias !

Por se hay algún despistado todavía , recordarvos que xa estamos en septembro e que as primeiras borrascas están chegando e repartindo as primeiras ondas da tempada.
Estade atentos.

Comeza o curso escolar colexios ,  institutos ... e tamén comezan as clases na ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD.

 A intención é comenzar á dar as clases de fin de semana tódolos sábados do curso escolar a partir do 1 de Outubro.

 Pero antes... Se non tes nada que facer esta fin de semana , o sábado 15 de septembro* , pola maña na praia de Bastiagueiro vou dar unha clase gratuita de Perfecionamento para longboarders.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer a dinámica das clases, a pedagoxía aplicada ó alumno, así como resolver calquera dúbida que teñades ou que vaian xurdindo.
 Esta é a idea.

 Coñecervos, que me coñezades, explicarvos a filosofía da ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD e sobre todo que vexades se vos sentides agusto coa forma de dar as clases, coa metodoloxía empregada, co monitor, etc.

Se gusta... facemos grupo e comezamos en Outubro!!

Simplemente pedirvos unha cousa por cuestións de planificación:

Confirmademe a vosa asistencia antes das 14:00  do  Venres 14 de Septembro.


Podedes enviar e-mail a : escolagalegadelongboard@gmail.com
 Ou chamar/ mensaxe / Whatsapp no 636 292 252

 * A hora das clases informarase por mensaxe privado

Agradécese difusión.

Alberto Mouriño 
Director Tecnico
Escola Galega de Longboard

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario