martes, 4 de septiembre de 2012

¿PORQUÉ ENTRENAMOS?

Entrenamos para mellorar.
Entrenamos para ser mellores persoas, mellores surfistas, mellores alumnos e técnicos ...

¿Mellores que quén?

Mellores que nós mesmos e o mesmo tempo mellores que ninguén, porque na auga todos somos iguais e todos somos aprendices.
Entrenamos para mellorar porque nos gusta renovarnos, desfrutar á novidade, saír da cómoda rutina, aprender cousas novas e intentalo unha e outra vez ata conseguilo, unha e outra vez...

Entrenamos para mellorar porque nos gusta alegrarnos polas pequenas cousas que aprendemos e aplicamos día a día

Entrenamos para mellorar porque sempre podemos mellorar, aprender ou comezar.

Entrenamos para mellorar porque o progreso, o progresar en calquera disciplina de maneira consciente enriquece o proceso de aprendizaxe.

Entrenamos, aprendemos

Por razóns físicas: mellorar en saúde,  mellorar en resistencia,forza, velocidade e flexibilidade, etc

Entrenamos, aprendemos
 
Por razóns psicolóxicas: facer aquelo que nos agrada,  aceptarnos a nós mesmos coas nosas limitacións e as nosas virtudes, sentirnos ben con nós mesmos e coa nosa imaxen, aprender a manter o control, etc

Moitas máis razóns acompañan as anteriores na descripción dos motivos que nos levan a entrenar.
Intentaremos desgranalas lentamente neste blog.

Entrenamos, aprendemos

porque:

 aínda que cheguemos a casa cansadiños e cheos de areas,
 aínda que pasemos frío en inverno e as veces frío tamén en verán :)
 aínda que sopre o vento máis do que quixeramos e a máquina de olas traballe menos ou máis do debido, aínda que fagamos quilómetros e gastemos/invirtamos os cartos,
aínda que suframos por tempadas o non poder prácticarlo,
aínda que non vaiamos a xogar no "top ten"
aínda que os anos sigan pasando

 ante todo GUSTANOS APRENDER, MELLORAR E SURFEAR!!.

Alberto Mouriño

ESCOLA GALEGA DE LONGBOARD





No hay comentarios:

Publicar un comentario